O martes arrancou o XI Ciclo de Sesións Didácticas da Escola de Música, dirixido aos centros de educación infantil e primaria

A Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música (EMM), pon en marcha, por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos pequenos e pequenas da rede de centros educativos do Concello de Santiago.Como noutras ocasións, está prevista a participación de máis de 200 alumnos/as do primeiro ciclo de primaria nesta proposta educativa, que leva por título «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM» e que se desenvolverá no Auditorio da Escola Municipal de Música (Predio de Vista Alegre, na rúa das Salvadas s/n).

A través dun conto musicado que leva por título ¨A Viaxe de Lurra¨ o alumnado participante poderá achegarse a unha gran variedade de instrumentos musicais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. A sesión ten unha duración de 50 minutos.
Nas dúas sesións previstas para mañá (ás 10.30 h e 11.30 h) participarán os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria do CEIP Lamas de Abade. O día 29 será o turno dos CEIP de Vite I e Apóstolo Santiago.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba