PABLO PASCUAL ALONSO

Naceu na Cañiza, Pontevedra, en 1976. Como clarinetista formouse con Miguel Romea, Miguel Espejo e Felipe González, e como clarinetista baixo con Gustavo Duarte, Henri Bok, Harry Sparnaay e Carlos Gálvez. Tamén estudou a gaita escocesa con Jean-Pierre Rogel, René Loudedec e Patrick Molard. Gravou en moreas de producións discográficas xunto a Marful, Abe Rábade, Laio, David Herrington, Jesúa Santandreu, Tony McManus, Jacky Molard, German Díaz, Joana Machado ou Fred Martins. Ten tocado xunto a músicos como Kepa Junkera, Harry Manx ou The Blind Boys of Alabama, en festivais en Canadá, Estados Unidos, Cuba, Francia, Bélxica, Austria ou Escocia.

Xunto co seu irmán Pedro compuxeron e produciron numerosos discos e bandas sonoras.

Como técnico reparador formouse con Emilio Carluzzi, en Módena, con Daniel Bangham, en Cambridge, e con Laurent Duchaussay, Laurent Duda e Thierry Morel, na fábrica Buffet-Campon de Mantes-la-Ville.

É profesor de clarinete e gaita na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba