PILAR LÓPEZ SEIJO

Naceu en Huesca e tres anos máis tarde trasladouse á Coruña, cidade onde comezou os seus estudos de contrabaixo co profesor Antonio Portela. Completa a súa formación con Carlos Méndez na Escola de Altos Estudos Musicais e ata 2006 recibe clases de Diego Zecharies, contrabaixo solista da Orquestra Sinfónica de Galicia. Tras finalizar o grao medio completa os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) cos profesores Wolfgan Güttler, Bernard Sálles e Nieck de Groot. Amplía a súa formación en cursos con contrabaixistas como Alexandre Minho, Alfonso Morán, Damián Arenas, Maggie Urquhart e Francisco Catalá.

Colaborou con orquestras como a Orquestra sinfónica de Bilbao, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra de Cámara Galega.

Realiza o mestrado de Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato na especialidade de artes na Universidade de Santiago de Compostela. Complementa a súa formación docente con diferentes cursos de didáctica musical como os de rítmica dalcroze con Laura Andrés e Ana Quilez e dirección de coros infantís e xuvenís.

No mundo da docencia foi profesora no Conservatorio Profesional de Música Liceo a Paz, no Colexío Eiris e no proxecto Resuena. Actualmente é profesora na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, e nos conservatorios profesionais de música de Melide e Arzúa

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba