ANDRÉS PÉREZ FERNÁNDEZ

  Comecei aos 11 anos os estudos elementais de clarinete na Escola de Música da Banda de Música de Calo (onde impartín as miñas primeiras clases e dirixín a banda xuvenil) coa que debutei ao ano seguinte baixo a dirección de Ramón López Couso.

  En 2006 iniciei os meus estudos no Conservatorio Histórico de Música de Santiago de Compostela con profesores como Miguel Aguilar, Mª. Carmen Fdez. e José Manuel Mosquera.

  Durante eses anos participei nos proxectos «Cooperación, Música e Acción» e “Sons e Bebés” co Conservatorio Histórico de Música de Santiago.

  No ano 2018 rematei os meus estudos na Especialidade de Interpretación, no Itinerario de Clarinete, no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, baixo a tutela de Mariola Gil Lago.

  Durante estes anos asistín a cursos de clarinete cos profesores Iván Marín, Carlos Casadó, Darío Mariño, Arno Piters ou Juan Ferrer.

  Tamén asistín a cursos de dirección de banda con Fco. Javier Gutiérrez Juan e Pilar Vañó. Actúo como subdirector na Banda Municipal de Padrón á vez de participar como director convidado noutras bandas de música da xeografía galega.

  Pola miña parte compositiva, realicei cursos de composición musical co mestre Andrés Valero Castells, participei no «Concerto de Novos Compositores Galegos» realizado pola Banda Municipal de Santiago, resultei finalista no «Concurso de Composición de Pasodobles 25º Aniversario Agrupación Musical do Rosal» no 2011, Mención de Honra no “Iº Concurso de Composición de Pasodobres Vila de Arcade” no 2018, e gañador do III Premio de Composición “Compositores en Camiño” no ano 2021.

  Impartín clases de clarinete en forma de substitucións na Escola de Música de Oleiros e no Colexio Obradoiro de Coruña, e como profesor titular na Escola de Música de As Pontes.

  Actualmente pertenzo ó cadro de profesores da Escola de Música de Padrón, Estudio-Escola de Música Moderna e Escola Municipal en Santiago de Compostela e tamén na Escola de Música de Lousame, e son director titular da Banda de Música de Arca.

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba