ANTONIO OCAMPO CARRACELAS

En 2010 finalicei a carreira de música cun sobresaliente, acordando para o ano seguinte o concerto fin de carreira. No ano 2018, acudín a un curso de posgrao no Conservatorio Superior de Música de Zaragoza cos profesores Gustavo Jumeno, Nick Woud, Juanjo Rubio e Steven Shick.

Dende o ano 2000 ata  2004 pertencín como alumno activo á Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia. Ese mesmo ano, tamén fun alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela.

Actualmente colaboro coas seguintes orquestras: Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Navarra, Orquestra Sinfónica Ciudad de Oviedo e Real Filharmonía de Galicia.

Así mesmo, son membro fundador do grupo Odaiko Percussion Group, co que realizo numerosos concertos, de onde destaco a participación no Tapei Internacional Percussion Convetion en 2008.

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba