BEATRIZ BUSTO MIRAMONTES

Cursei estudos de guitarra no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela pero o meu universo musical non se circunscribe ao da interpretación senón ao da musicoloxía e doutros campos da investigación musical. Hoxe en día toco o contrabaixo, máis por pracer que por obriga.

Son mestra en educación musical pola Universidade de Vigo, así que exerzo como mestra de música dende hai xa 13 anos en diversas institucións educativas. Tamén son licenciada en historia e ciencias e en antropoloxía social e cultural pola Universidade Autónoma de Madrid e ao ser diplomada e licenciada estou habilitada para exercer a docencia en todas as etapas educativas. Na nosa escola son pedagoga musical dos pícaros e pícaras máis pequenas pero tamén dou aulas teóricas a alumnado adulto; o máis novo ten apenas 3 aniños e a maior pode ter 80 e pico.

Doutoreime en antropoloxía social no ano 2016 na Universidade Autónoma de Madrid cunha tese que se inscribe no universo da etnomusicoloxía, na que estudei como o NO-DO franquista elaborou unha imaxe estereotipado da Galiza facendo uso explícito do folclore musical galego na imaxe cinematográfica. En febreiro de 2021 publiquei o meu traballo con A través Editora, baixo o título Um pais a la gallega. Galiza no NO-DO franquista, no que percorro as principais conclusións da investigación de doutoramento en formato divulgación.

Son tamén PDI na Área de Antropoloxía Social e Cultural, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, así que compaxino a vida docente universitaria coa vida investigadora. Son parte do grupo e rede de investigación Galabra que traballa, de xeito transdisciplinar, arredor dos sistemas culturais galego, luso e brasileiro.

Publico a miúdo traballos e artigos relacionados coas miñas investigacións e teño colaborado con institucións diversas do sector cultural e musical, como xurado oficial dos Premios Martín Codax da Música, membro do equipo de selección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego  (MICE), en diversas actividades do CGAC, participando regularmente en congresos nacionais e internacionais entre outras.

Webs:

Academia: https://usc-es.academia.edu/BeatrizBusto

Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Beatriz-Miramontes-2

USC: https://usc-es.academia.edu/BeatrizBusto

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba