DAVID NOGUEIRA BALSEIROS

Crieime no rural do concello da Estrada e este feito fixo que dese os meus primeiros pasos na música no colexio onde estudei a primaria, o CEIP do Foxo, e concretamente dentro da Asociación Folclórica Abrente. Comecei tocando a percusión tradicional e despois a gaita e este amor pola música tradicional acompáñame dende moi cativo.

Grazas ao esforzo da miña familia, con nove anos comecei os estudos no Conservatorio Profesional da Estrada, onde realicei o grao elemental e parte do profesional na especialidade de clarinete. Cando acadei a maioría de idade trasladeime ao Conservatorio Profesional da Coruña onde rematei o grao profesional. No mesmo ano ingresei no Conservatorio Superior da Coruña en que rematei os meus estudos no ano 2012.

Realicei cursos de clarinete cos profesores José Luís Estelles, Juán Ferrer, Yehuda Gilad, Arno Piter, Josep Fuster, entre outros.

Despois de rematar os estudos de clarinete, decidín retomar a clases de gaita co profesor Edelmiro Fernández na Central Folque.

Ademais, coa intención de mellorar pedagoxicamente, decidín formarme neste campo e no ano 2020 obtiven o grao de mestre de educación primaria, con mención en música.

Actualmente desempeño o meu labor docente na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela,  na Escola Municipal de Cee e no Conservatorio Profesional de Musica do Concello de Melide.

Colaboro con numerosas agrupacións de música tradicional ou bandas de música da comunidade galega e son integrante da Banda Municipal da Estrada, do quinteto Zomby Woof e do grupo de música tradicional Alvariza

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba