TAMARA SOTO SOTO

Nacín en Piloño, unha parroquia do Concello de Vila de Cruces, onde tiven o primeiro contacto co mundo artístico na Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño, na que a día de hoxe formo parte do padroado cultural.
Con seis anos comecei a tocar a pandeireta no grupo as trouleiras da Solaina, máis tarde decidín empezar a cursar clarinete e linguaxe musical na Escola Municipal de Vila de Cruces. No ano 2012 comecei a tocar na Banda Unión Musical de Ponteledesma, a miña banda e segunda casa onde da man de músicos e o director da agrupación, Roberto Hermida Rey, comecei a asentar os meus pilares musicais.
Paralelamente seguín aprendendo música tradicional galega da man de Horacio Taboada e Lorena Taboada nos grupos Os Gaiteiros de Piloño e a Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas.
No ano 2013 comecei os meus estudos de Grao Profesional no Conservatorio de Lalín con José Luís Taboada Areán. Alí recibín cursos de dirección de Bram Sniekers e Isabel María Rubio Molina. No 2019 entrei a curso o Grado Superior de Música no Itinerario de clarinete no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, os cales estou rematando xunto ao Grado de Música da Universidade Internacional de La Rioja. Dende o ano 2015 son clarinetista da Banda Sinfónica Galega onde puiden tocar baixo a batuta de David Fiuza compartindo un programa musical coa Banda Municipal de Santiago, Jan Cober (director titular da Banda Sinfónica Municipal de Madrid) e Johan de Meij (compositor e director de orquestra) no WMC Kerkrade 2022.
Cursei clases de clarinete con Marta Sancho, Uxía Bolaño, Xocas Meijide, Javier Balaguer, Vicente Alberola, Javier Morgade, Raquel Bugallo, entre outros.
Actualmente formo parte do cadro de profesorado de clarinete, música e movemento e linguaxe musical das seguintes escolas de música: Escola de Música de Arca, Escola Municipal de Música de Ordes, Banda-Escolas As Pontes, Escola de Música de Vilatuxe e Escola Municipal de Santiago de Compostela.

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba