Naceu en Suíza e trasladouse a Galicia aos dous anos de idade. Comezou a estudar guitarra aos 8 anos no centro cultural de Carballo. Con 18 anos empeza a estudar batería de maneira autodidacta e pouco despois recibe clases de Herminio Varela, profesor de batería de «A escola dá rúa». Tamén recibiu clases de Miguel Cabana e asistiu a clínics de batería con percusionistas como Chus Gancedo, Jose Bruno, Miguel Lamas, Manolo Cascales…
É profesor diplomado en Maxisterio, na especialidade de educación musical, pola Universidade de Santiago de Compostela. Tocou a batería durante máis de 18 anos en formacións musicais de diversos estilos, rock, blues, funky, electrónica, country etc. e en orquestras da verbena galega.
Ademais, colaborou con diversos grupos e proxectos en estudo.
Actualmente colabora como batería en Alex Capapé Studios e con outros proxectos musicais e é profesor de música e movemento da Escola Municipal de Música de Santiago.