Comecei os meus estudos á idade de oito anos e gradueime en 2012 con Laura Quintillán no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sendo ao mesmo tempo alumna de Yulia Petrushevskaya, violinista da Real Filharmonía de Galicia. Tamén recibín clases maxistrais de Katrin Melchery Martin Ostertag (Freiburg, Alemaña), Raquel Castro, Gregori Nedobora, David Grimal, Ilya Fisher e Velyana Yordanova, entre outros.
En 2010 recibín unha bolsa de excelencia académica, concedida pola Alcaldía de Vigo, na modalidade de música de cámara e participei nun ciclo de concertos nesa mesma cidade. Actuei como solista no Teatro A Fundación de Vigo a través da ONG As de gal. Toquei con orquestras como a Nederlandse Orkeste en Ensemble Academie, a Orquesta Sinfónica de Ávila, a Orquestra Sinfónica de Ginásio Ópera, a Orquesta Sinfónica Vigo430, a Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, a Orquesta da EAEM de Santiago de Compostela, Lugo Camerata, Orquestra Gaos, Orquestra Coral Casablanca, Orquestra de Cámara Galega e Ensemble Galería. No 2015 accedín como academista á Orchestra Accademia Teatro Alla Scala di Milano, Italia, e tiven a oportunidade de tocar en auditorios como o Nicholas Music Center en New Jersey (Estados Unidos) ou na Concertgebouw en Ámsterdam, entre outros. Actuei baixo a dirección de mestres como Vicente Alberola, Susanna Mälkki, Alejandro Garrido, Maximino Zumalave, Andrés Salado, Gordan Nikolic, Francisco Antonio Moya, Pietro Mianiti, José Sanchis, Javier Viceiro Figueroa e tiven a oportunidade de tocar con maestres como Cristophe Coin, Gordan Nikolic, Nicolas Dautricourt, Aki Saulière, Velyana Yordanova, Javier Perianes, Celine Flamen, Alexis Cardenas, David Quiggle, Alejandro Garrido, Anna Fedorova, Paquito d’Rivera, Rusanda Panfili, Bonnie Tylery ou Alejandro Sanz, co que participei na gravación do videoclip de “Un Zombie A La Intemperie” en 2015. Nese mesmo ano formei parte dun proxecto de campamento musical en Alemaña, MelodiusCamp, impartindo clases de violín, música de cámara e de orquesta en Schloss Krochlendorff.
Actualmente son profesora na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e compaxino a docencia con proxectos musicais en diferentes agrupacións como a Orquestra Sinfónica Vigo430, a Orquestra de Cámara Galega, o Ensemble Galería, Trío Fourier e Dúo Tauo “MITIC” Espectáculos.