MARCOS TEIRA FERNÁNDEZ

Nacín na Pobra do Caramiñal (Galicia) o 25 de abril de 1967. Empecei a facer música moi novo en bandas de rock, seguindo a miña formación na escola de jazz Estudio Escola de Música e estudando guitarra flamenca posteriormente con Xesús Pimentel (Santiago de Compostela).

Continuei a miña formación facendo varios cursos con mestres como Manolo Sanlucar, Enrique de Melchor ou Paco Peña para ampliar coñecementos da guitarra flamenca. Por outro lado estudei guitarra clásica acadando o grao profesional no Conservatorio de Carballo (A Coruña). En 2016 acadei o grao superior de Guitarra Flamenca en Codarts (Rotterdam).

Xa como profesional alternei a miña faceta como guitarrista flamenco con participacións noutras bandas máis próximas ao rock ou ás outras músicas. Estas e outras experiencias lévanme ao lugar en que me atopo actualmente, traballando en proxectos máis ou menos cercanos ao flamenco e o jazz.

Discos editados:

PIMENTEIRA (con X. Pimentel). Stone Records, 1994  (FLAMENCO)

PUNTA DE CABÍO. Singra, 2003 (FLAMENCO)

ALÍ. Autoedita.com, 2008 (FLAMENCO)

U-LO TRÍO. Autoedita.com, 2008 (FLAMENCO/JAZZ)

ACOUSTIC SOUNDS. Guitarras Alhambra, 2011 (WORLD MUSIC)

Outras publicacións:

En setembro de 2013 edítase un libro/disco FLAMENCO TRANSLATIONS, a través de RGB editorial; este traballo xorde da experiencia acadada durante estes últimos anos impartindo cursos de flamenco/jazz con Mariano Martos en España, Arxentina ou San Francisco.

Outras colaboracións discográficas:

PSICÓPOLIS. Psicofónica de Conxo,  Fortes & Rangel, 2000 (ROCK)

EXTRAMUNDI. Psicofónica de Conxo, Madamemir , 2002 (ROCK)

MALA SUERTE. El Kiki,  Clave Records,  1996. (FLAMENCO)

DANZA DAS AREAS. Uxía,  Virgin, 2000 (WORLD MUSIC)

TOTEM. Narf,  Falcatruada, 2007 (ROCK)

MARFUL. Marful,  Producións Efémeras, 2006 (WORLD MUSIC)

MANUAL DE SEDUCIÓN. Marful, Inquedanzas sonoras 2010 (WORL MUSIC)

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba