ÓSCAR TOMÉ GONZÁLEZ

Empecei a miña andanza musical no Conservatorio de Música de Lugo onde descubrín este apaixonante mundo a través da viola, instrumento que me acompañou durante todos estes anos.

Este camiño levoume a estudar no Conservatorio Superior de Música da Coruña con Sergio Sieiro e Laura Domínguez complementado a actividade na Escola de altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela con Tilmann Kircher. Tamén recibe masterclass de Luís Majín, Yuval Glotivovich ou Naoko Shimizu.

Ao mesmo tempo fun membro de diferentes orquestras como a Orquestra Xove de Galicia, Orquestra Gaos, Vintesemble, Lugo Camerata e participei en outras como a Presjovem, Bruckner Akademie Orchester, Sigle XXI ou Orquestra Op.23 tendo a oportunidade de actuar baixo a dirección de ramón Tébar, James Ross, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert e mestres como David Grimal, Clara Jumi Kan, David Quiggle, David Etheve, Pacho Flores, Alexandr Yakolev.

No ámbito da música de cámara participei no festival de música de cámara Armos Festival no Porto.

No mundo da docencia, fun profesor en diferentes escolas municipais, no proxecto ReSuena e nos Conservatorios Profesionais de Música de Lugo, Ferrol e Santiago. Na actualidade son profesor na Escola Municipal de Santiago de Compostela e membro da Orquestra de Cámara Galega.

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba