Unhas 80 persoas, entre alumnado e profesorado, participaron esta tarde na homenaxe a Rosalía de Castro que tivo lugar ante o monumento que a recorda, na Alameda de Compostela. Os alumnos e alumnas de gaita e percusión da escola, xunto co Coro Xuvenil, e os alumnos e alumnas de Música e Movemento, interpretaron, ante o […]
Día de Rosalía
Mañá, 24 de febreiro de 2022 ás 18h a EMM celebrará unha pequena homenaxe ante a estatua de Rosalía que se atopa no miradoiro central do Paseo da Ferradura da Alameda.
As Escolas Infantís Municipais acollen o XI ciclo de sesións didácticas «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.Como nas ocasións anteriores, participan nesta proposta educativa […]