Onte foi un día moi intenso para a Escola Municipal de Música. Pola mañá recibimos aos últimos coles para dar peche ao ciclo de sesións didácticas deste curso, e pola tarde o alumnado de arpa desprazouse á Aula Hospitalaria do CHUS para dar un concerto e ensinar o seu instrumento aos nenos e nenas asistentes.
A Escola Municipal de Música organiza novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe houbo unha nova sesión didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da EMM,para asistir […]