Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2023/24 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 13 de febreiro de 2023.
Período de matrícula:
do 22 ao 29 de xuño na Secretaría da EMM en horario de 11h a 14h e de 16h a 20:30h ou no enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com
De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.
Documentación que deben achegar para a formalización da matrícula:
- Solicitude de matrícula.
- Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.
- Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
Prezo público
De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:
Matrícula: 59,50 EUR
Cotas mensuais: - Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
- Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
- Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
- Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR
Listas definitivas de Música e Movemento (3 a 7 anos)
A OBTENCIÓN DE PRAZA NON GARANTE QUE OS HORARIOS QUE SE OFRECEN SEXAN COMPATIBLES COAS NECESIDA DES DOS SOLICITANTES