As Escolas Infantís Municipais acollen o XI ciclo de sesións didácticas «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»

O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.Como nas ocasións anteriores, participan nesta proposta educativa que leva por título «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM», as Escolas Infantís de Conxo, As Fontiñas, Meixonfrío-Salgueriños, San Roque, Tambre, Castiñeiriño e Tras-Parlamento.

En cada sesión, cunha duración de 25-30 minutos, o profesorado da EMM visita as escolas infantís para contar un conto con música. Tamén se traballan outros aspectos como a altura das notas ou o ritmo, e os cativos e cativas teñen a oportunidade de escoitar en directo diferente tipos de instrumentos musicais.

Programa

As primeiras sesións celebráronse onte e contaron coas seguintes actuacións: Bleuenn Le Friec á arpa e Pilar López ao contrabaixo na Escola de Meixonfrío-Salgueiriños; Antonio Ocampo á percusión e Beatriz Busto como narradora na Escola de Conxo; Bleuenn Le Friec á arpa e Pilar López ao contrabaixo na Escola do Tambre, e Antonio Ocampo á percusión e Beatriz Busto como narradora na Escola das Fontiñas.

O Ciclo continuará o próximo martes 8 de febreiro coas seguintes sesións:

10:30 h- Escola de San Roque: Antonio Ocampo (percusión) e Beatriz Busto (narradora).
11:30 h- Escola de Tras-Parlamento: Antonio Ocampo (percusión) e Beatriz Busto (narradora).
11:15 h- Escola de Castiñeiriño: Bleuenn Le Friec (arpa) e Pilar López (contrabaixo).

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba