O obxecto desta actividade pretende dar a coñecer as ferramentas e recursos necesarios para iniciarse na produción musical actual. Falarase de secuenciadores, tarxetas de son, microfonía, librerías e instrumentos virtuais, samplers… todo elo a través da aplicación práctica destes conceptos sobre unha creación musical.
Durante o curso realizaranse dous proxectos musicais, un creado unicamente con instrumentos virtuais e outro onde se sentarán as bases para a gravación de instrumentos reais, como baixo, guitarra eléctrica, piano, voz…
O obradoiro será impartido por Adrián Saavedra, compositor e produtor musical, Premio Martín Códax da Música 2019, que traballou con artistas como Nastasia Zürcher, Pablo Lesuit, A Banda da Loba, Marcelo Dobode, ou Abraham Cupeiro.
Nº ESTIMADO DE ALUMNOS/AS 15 prazas para persoas maiores de 16 anos.
CALENDARIZACIÓN: Xoves 20 e venres 21 de xullo de 2023. (8 horas)
HORARIO: De 09:30 a 13:30 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN: Auditorio Centro Xove da Almáciga.
PREZO: A actividade proposta terá carácter gratuíto para as persoas participantes
PERIODO DE INSCRICIÓN: do 12 ao 23 de xuño de 2023
DOCUMENTACIÓN A REMITIR A info@emmsantiagodecompostela.com
Solicitude de inscrición (nesta ligazón) cuberta e asinada.
Fotocopia do documento que acredite a identidade do pai, nai ou representante legal, no caso dos menores de idade.
Fotocopia da tarxeta sanitaria ou da compañía aseguradora, do neno/a.