PRAZOS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. CURSO 2023-2024(Prazos aprobados na Xunta de Goberno Local do 13 de febreiro de 2023) 4 DE MAIO – PUBLICACIÓN PRAZAS VACANTES 5 DE MAIO – INICIO PRAZO PREINSCRICIÓN 25 DE MAIO – REMATE PRAZO PREINSCRICIÓN Período de preinscrición de praza (do 5 ao 25 de maio […]
AVISO IMPORTANTE: Suspéndese o Concerto para a veciñanza deste vindeiro sábado en Santa Marta por mor da previsión meteorolóxica. O evento será adiado a unha nova data da que se informará nos vindeiros días.
O barrio de Santa Marta acolle o vindeiro sábado o concerto para a veciñanza
A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo ‘Concerto para a veciñanza’. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local […]
Horario dos grupos de Música e Movemento para o curso 2023/24
Horario de asignaturas teóricas e agrupacións para o curso 2023/24
Calendario de renovación de praza e elección de horario de instrumento para o curso 2023/24
Hoxe finalizamos as audicións e con elas o 2° trimestre! Noraboa a todo o alumnado e profesorado participante. Voltamos o martes 11 de abril!!
Concerto na aula hospitalaria
Onte foi un día moi intenso para a Escola Municipal de Música. Pola mañá recibimos aos últimos coles para dar peche ao ciclo de sesións didácticas deste curso, e pola tarde o alumnado de arpa desprazouse á Aula Hospitalaria do CHUS para dar un concerto e ensinar o seu instrumento aos nenos e nenas asistentes.
A Escola Municipal de Música organiza novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe houbo unha nova sesión didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da EMM,para asistir […]
Novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe arranca un novo ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da […]