INTRODUCIÓN Á TECNOLOXÍA, MANTEMENTO E REPARACIÓN DO CLARINETE

DE QUE SE TRATA?

Trátase dun curso teórico-práctico.

OBXECTIVOS

O obxectivo principal é dotar os e as participantes duns coñecementos básicos acerca dos procesos de construción e funcionamento do clarinete ou, por tanto, de calquera instrumento de vento madeira. Isto ten como fin:

  • Comprender a natureza da madeira e o seu comportamento nos instrumentos de vento.
  • Comprender os aspectos máis salientables do mecanismo do instrumento.
  • Adquirir os coñecementos e habilidades básicas para o mantemento da madeira e poder prever fendas e outros problemas.
  • Adquirir os coñecementos e habilidades básicas para solucionar en por nós os problemas técnicos máis habituais, derivados do uso diario.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

O curso está aberto ou orientado a:

  • Alumnado e estudantado de instrumentos de vento madeira (clarinete, saxo, óboe…) e de instrumentos tradicionais galegos (gaita, requinta).
  • Profesionais e profesorado de instrumentos de vento madeira (clarinete,  saxo, óboe…) e de instrumentos tradicionais galegos (gaita, requinta).
  • En xeral, calquera persoa interesada na construción ou funcionamento dos instrumentos de vento madeira.

PABLO PASCUAL

Naceu na Cañiza, Pontevedra, en 1976. Como clarinetista formouse con Miguel Romea, Miguel Espejo e Felipe González, e coma clarinetista baixo con Gustavo Duarte, Henri Bok, Harry Sparnaay e Carlos Gálvez. Tamén estudou a gaita escocesa con Jean-Pierre Rogel, René Louédec e Patrick Molard. Gravou en moreas de producións discográficas xunto a Marful, Abe Rábade, Laio, David Herrington, Jesús Santandreu, Tony McManus, Jacky Molard, Germán Díaz, Joana Machado ou Fred Martins. Xunto ao seu irmán Pedro, compuxeron e produciron numerosos discos e bandas sonoras. Como técnico reparador formouse con Emilio Carluzzi, en Módena, Daniel Bangham, en Cambridge, e con Laurent Duchaussay, Laurent Duda e Thierry Morel,na fábrica Buffet Crampon de Mantes-la-Ville. É profesor de clarinete e gaita na EMMSC.

CONTIDOS

ASPECTOS TEÓRICOS

  1. Fundamentos da construción do clarinete.
    1. As madeiras. Dende o buxo do clasicismo ata a familia das Dalbergias. Secados e preparación para os diferentes procesos de mecanizado. Movemento en servizo.
    1. Os materiais sintéticos: ABS, Delrin. Os clarinetes de metal. O Green Line, composite desenvolvido por Buffet Crampon.

1.2. O mecanismo: dende o latón do s.XVlll ata o maillechort.

  • Fundamentos da mecánica do clarinete.
    • O fresado dos oídos. Fresados cónicos internos e a afinación.
    • As «zapatillas». Materiais e relación co son.
    • A cortiza. Natural fronte a sintética. O rubco.
    • O feltro e os novos feltros sintéticos: o ultrasuede, o teftón, o neopreno.
    • Os resortes.
  • Axuste.
    • Desmontar e montar o clarinete
    • Parafusería. Tipos de parafusos e usos.
    • O desgaste das chaves. Folguras axiais e lonxitudinais. Folguras dentro dos piares.
    • Como afectan as cortizas e feltros ao correcto funcionamento do clarinete.
    • Ruídos e vibracións habituais. Causas e solucións.
    • Tensión dos resortes.
    • Instalación e axuste das zapatillas.
    • A cortiza das xuntas.
  • Procesos máis complexos.
    • Selado de fendas: os cianocrilatos, o método do ftush banding, os pines e o moderno método dos aneis de fibra de carbono.
    • Desbastado e axuste das xuntas nos clarinetes novos.
    • Reposto dun resorte de agulla.
    • Reconstruír ou repoñer xuntas partidas, oídos partidos ou deteriorados.
    • O pulido do taladro interno.

ASPECTOS PRÁCTICOS

  1. Desmontaxe e montaxe do clarinete.
  2. Principios básicos da limpeza e mantemento da madeira e do mecanismo.
  3. Aceitado dos resortes e da parafusería.
  4. Repoñer cortizas ou feltros deteriorados.
  5. Repoñer zapatillas deterioradas.
  6. Principios básicos do axuste.

DATA DE REALIZACIÓN DO CURSO E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:

A actividade está prevista para o sábado 23 de abril en horario de 10.30 h a 14.30 h nas instalacións da Escola Municipal de Música de Santiago.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende 5 ao 18 de abril enviando a solicitude de inscrición ao enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com

Prezo: De balde.

NÚMERO DE PRAZAS:

Mínimo de 6 e máximo de 20 participantes. No caso de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas darase prioridade ao alumnado que estea matriculado na EMM durante este curso 2021-2022.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba