Obradoiro de produción musical: 4 e 18 de xullo no Centro Xove de Creación Cultural

A Escola Municipal de Música xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago     de Compostela presenta a seguinte programación para o mes de xullo:

Obradoiro de produción musical:

O obxecto desta actividade pretende dar a coñecer as ferramentas e recursos necesarios para iniciarse na produción musical actual. Falarase de secuenciadores, tarxetas de son, microfonía, librerías e instrumentos virtuais, samplers… todo elo a través da aplicación práctica destes conceptos sobre unha creación musical. 

Durante o curso faremos dous proxectos musicais, un creado unicamente con instrumentos virtuais e outro onde sentaremos as bases para a gravación de instrumentos reais, como baixo, guitarra eléctrica, piano, voz…

O obradoiro será impartido por Guillermo Vistoso, responsable do Dpto. de Música do “Centro Xove de Creación Cultural” e Coach de bandas para a Concellería de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, compositor, produtor, arranxista e músico en activo. Profesor de guitarrra, baixo, batería e técnica vocal, ademais de director e impulsor de proxectos e festivais como: “Lanzadeira”, “Nunca máis lumes”, “Facendo Barullo”, “Son Xove”, e titulado como Profesor de Música de Educación Primaria pola USC. Booker, Road manager, e diseñador de campañas de lanzamento e distribución de singles e discos en formato dixital para La Farruca Producciones S.L.U. Recoñecido cun “Premio Martín Códax da Música” no ano 2018, entre outros premios.

Nº ESTIMADO DE ALUMNOS/AS POR ACTIVIDADE: 15 prazas para persoas entre os 14 e 30 anos

CALENDARIZACIÓN: xoves 4 e xoves 18 de xullo de 2024. (8 horas)

HORARIO DAS ACTIVIDADES: De 10h a 14 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN: Auditorio Centro Xove da Almáciga.

Prezo: A actividade proposta terá carácter gratuíto para as persoas participantes

2.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA

  • Abrirase un prazo de solicitude de inscrición entre os días 25 de xuño e 1 de xullo de 2024 (ambos os dous inclusive). As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ao enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com
  • Os correspondentes impresos de solicitude do programa estarán a disposición dos solicitantes no Departamento de Educación do Concello de Santiago e tamén na Escola Municipal de Música de Santiago.
  • Terán prioridade no acceso o alumnado actual da EMM.
  • No caso de existir máis demanda que prazas ofertadas realizarase un sorteo público nas instalacións da EMM, que cumplirá os seguintes criterios:

a.- Adxudícaselle un número a cada un dos solicitantes preinscritos que figuran no sorteo (seguindo orde alfabético).

b.- Diante dos presentes realízase o sorteo aplicando a formula ALEATORIO.ENTRE(Ax,Ay) no documento excel onde figura cada inscrito/a cun número asignado.

c.- Procédese a extraer un número que determina tanto a asignación de prazas como a orde na listaxe de agarda resultante.

O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web da EMM.

  • Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago, ou estar matriculados nun centro educativo do municipio de Santiago
  • Terá prioridade na admisión o alumnado actual da Escola Municipal de Música, polo cal, irán ocupando as prazas vacantes seguindo a orde de recepción das solicitudes, ata cubrir o total de prazas. Poden darse 3 situacións:
  1. se o alumnado da EMM que presenta a solicitude supera o total de prazas, o sorteo realizarase entre eles e os demais solicitantes quedarán inscritos nunha listaxe de agarda seguindo a orde de recepción das solicitudes.
  • De cubrirse todas as prazas co alumnado actual da EMM, os demais solicitantes quedarán inscritos nunha listaxe de agarda seguindo a orde de recepción das solicitudes.
  • Se quedan prazas vacantes despois de inscribirse o alumnado actual da EMM, realizarase o sorteo das mesmas entre os demais solicitantes; o resultado do propio sorteo indicará as prazas adxudicadas e a orde na listaxe de agarda.

3.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude de inscrición cuberta e asinada.
    • Fotocopia do documento que acredite a identidade do pai, nai ou representante legal (no caso dos menores de idade).
    • Fotocopia DNI do solicitante
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria do solicitante

4.- MÁIS INFORMACIÓN:

Escola Municipal de Música de Santiago Predio Vista Alegre. Rúa Salvadas

Tlfnos: 981528701/ 636979527

info@emmsantiagodecompostela.com

Entradas creadas 40

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba