Concerto na aula hospitalaria
Onte foi un día moi intenso para a Escola Municipal de Música. Pola mañá recibimos aos últimos coles para dar peche ao ciclo de sesións didácticas deste curso, e pola tarde o alumnado de arpa desprazouse á Aula Hospitalaria do CHUS para dar un concerto e ensinar o seu instrumento aos nenos e nenas asistentes.
A Escola Municipal de Música organiza novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe houbo unha nova sesión didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da EMM,para asistir […]
Novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe arranca un novo ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da […]
Concerto polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz
A Escola Municipal de Música de Santiago realizará o vindeiro luns 30 de xaneiro, tal e como ven facendo nos últimos anos, un concerto enmarcado dentro da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. É unha constante, dentro das actividades extracurriculares da Escola, atender todas aquelas iniciativas que teñan como fin o […]
Calendario Escolar Curso 2022-23
Comezo do presente curso 2022/23 a partir do xoves día 8 de setembro
Comeza o novo curso 2022/23 na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Como todos os anos a escola respetará o calendario escolar de infantil e primaria, dando comezo as clases a partir do xoves 8 de setembro de 2022. Esperámosvos na finca Vistalegre.
Programación de verán da Escola Municipal de Música Xullo 2022
A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela iniciou por primeira vez unha programación específica para o verán con actividades dirixidas a todas as idades. Esta primeira edición tivo unha boa acollida e contou cun elevado número de inscricións. a) Laboratorio sonoro de verán O pasado 4 […]
Exposición pública da listaxe definitiva de persoas admitidasna EMM para o curso 2022/23
Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2022/23 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 14 de febreiro de […]
Exposición pública listas provisionais de admitidos na EMM para o curso 2022/23 (1)
De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 14 de febreiro de 2022 exponse publicamente a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2022/23. Unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 13 de maio e o 10 […]