Publicación da relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e apertura de prazo de preinscrición do novo alumnado para o curso 2024/2025

Finalizado o prazo de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2024-2025, publícanse as prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.

Prazos: do 7 ao 27 de maio poderá presentarse a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado, de acordo coas prazas vacantes dispoñibles para o curso 2024-2025, que se publican neste anuncio.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de preinscrición ben por medios electrónicos ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

  • Telematicamente: a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela (https://sede.santiagodecompostela.gal/) onde deberán escoller o trámite “Inscrición na Escola Municipal de Música”. 
  • Presencialmente: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. 

As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude da sede do concello, da web da Escola Municipal de Música ou solicitándoa por correo electrónico á EMM: info@emmsantiagodecompostela.com.

IMPORTANTE: se no presente curso 23/24 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 24/25.

É requisito imprescindible que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Santiago ou que curse estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios en Santiago de Compostela.

Exposición pública de prazas vacantes para o curso 2024/2025 1ª convocatoria

PRAZAS INSTRUMENTÁIS SEGÚN O PLAN EDUCATIVO

ESPECIALIDADEPEX(de 8 a 15 anos)PEPA(a partir de 16 anos)
Percusión1
Arpa1
Acordeón1
Violoncello21
Violín2
Saxofón1
Clarinete1
Gaita1
Frauta2

ESCOLA INFANTIL DE MÚSICA (1)

EspecialidadeNº prazas
Preparatorio a Música e Movemento (3 anos) 4º infantil24
Música e movemento 1 (4 anos) 5º infantil9
Música e movemento 2 (5 anos) 6º infantil13
Iniciación ao linguaxe musical 1 (6 anos) 1º primaria13
Iniciación ao linguaxe musical 2 (7 anos) 2º primaria15

ESCOLA ABERTA(1)

EspecialidadePEXPEPA
Linguaxe Musical + Coro10

(1) A obtención de praza non garante que os horarios que se ofrecen sexan compatibles coas necesidades dos solicitantes.

Formularios de inscrición

Entradas creadas 32

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba