Programación de verán da Escola Municipal de Música Xullo 2022

A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela iniciou por primeira vez unha programación específica para o verán con actividades dirixidas a todas as idades. Esta primeira edición tivo unha boa acollida e contou cun elevado número de inscricións.

a) Laboratorio sonoro de verán

O pasado 4 de xullo arrancou a 1ª quenda desta actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica de Santiago de Compostela e dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos. O vindeiro venres 15 de xullo finalizarán a súa experiencia cunha representación musical á que poderán asistir as familias dos e das participantes.

Características do programa:

A través de diferentes actividades, e baixo un ambiente lúdico, trabállanse os distintos aspectos artísticos da creación musical e posta en escena dunha representación. O obxectivo final da actividade é a creación dunha representación musical, que se estreará o último día de cada quenda, ao que as persoas participantes porán música a través de instrumentos musicais, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo e caracterización para a actuación final adaptado á temática da mesma.

O Laboratorio sonoro artéllase ao redor de actividades artísticas, musicais e creativas en torno unha temática xeral:

  • Espazo de atrezzo e caracterización. Desenvolvemento artístico de elementos decorativos, mediante a aplicación de diferentes técnicas artísticas.
  • Espazo musical. Construción dunha interpretación musical, ben a través do corpo, ben a través de instrumental ou ben doutros elementos alternativos.
  • Espazo lúdico-creativo. Un tempo para o xogo, para experimentar coa música, crear instrumentos ou descubrir a infinidade de sons que podemos emitir co noso corpo.

Nº de prazas: 45 para cada quenda.

Lugar: Colexio Apóstolo Santiago – Centro Xove da Almáciga. (Santiago de Compostela).

Datas:

  • 1ª quenda do 4 ao 15 de xullo.
  • 2ª quenda do 18 ao 29 de xullo. (Agás festivos).

Horario: De luns a venres de 10:00 a 14:00 co seguinte horario para a entrada e a saída:

Horario de conciliación:

  • Entrada de 09:00 a 10:00
  • Saída de 14:00 a 15:00

Prezo: As actividades propostas teñen carácter gratuíto para as persoas participantes

Preparando instrumentos percusivos
Preparando o atrezzo para o gran festival
Ensaiando para o festival

Lugar: Centro Xove da Almáciga. (Santiago de Compostela).

Datas: do 11 ao 15 de xullo.

Horario:

GRUPO I: 13 a 17 anos. Luns a venres de 11:30 – 13:30.

GRUPO II: De 18 anos en adiante.  Luns a venres de 09:30 – 11:30.

O vindeiro luns 18 de xullo dará inicio á 2ª quenda desta actividade.

b) Obradoiro de produción musical:

Este obradoiro que pretende dar a coñecer as ferramentas e recursos necesarios para iniciarse na produción musical actual iniciouse o pasado luns 11 de xullo da man de Adrián Saavedra, compositor e produtor musical, Premio Martín Códax da Música 2019, que traballou con artistas como Nastasia Zürcher, Pablo Lesuit, A Banda da Loba, Marcelo Dobode, ou Abraham Cupeiro.

Características do programa:

Falarase de secuenciadores, tarxetas de son, microfonía, librerías e instrumentos virtuais, samplers…todo elo a través da aplicación práctica destes conceptos sobre unha creación musical. 

Durante o curso faranse dous proxectos musicais, un creado unicamente con instrumentos virtuais e outro onde se sentarán as bases para a gravación de instrumentos reais, como baixo, guitarra eléctrica, piano, voz…

 

Nº de prazas: 15 para cada grupo.

Adrián Saavedra explicando
Imaxe xeral do grupo
Entradas creadas 8

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba