Concerto para a Veciñanza

Barrio do Castiñeiriño

Sábado 14 de maio ás 12 horas

O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música organizan un ano máis, e xa van dezanove, un Concerto para a veciñanza. Este tipo de concerto -na que participarán diferentes agrupacións musicais da Escola- está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.

Estas agrupacións son un dos piares máis importantes nos que se sustenta o traballo da Escola, xa que defende a firme crenza de que a música en conxunto é un dos mellores medios para aprender, medrar e madurar musical e cognitivamente.

Nesta edición o lugar escollido é un dos máis senlleiros da cidade: o barrio do Castiñeiriño, parada de postas obrigatoria durante séculos e que terminou por ser incorporado á cidade, conservando aínda unha marcada identidade propia.

Programa do concerto

Conxunto de Música Tradicional

Director: Pablo Pascual

Valse Romántico, do repertorio dos Dezas de Moneixas.

Xota de Buscás, do repertorio de Calviño de Buscás.

Muiñeira de Faustino, do repertorio de Faustino Santalices.

Mazurca do Cañizo, do repertorio de Airiños do Cañizo.

Buenas Noches!, fox trot de Ricardo Courtier.

Bandiña (Banda de Iniciación)

Director: Óscar Fernández

The Blue Iguana (R. Longfield)

Celtic air & dance (M. Sweeney)

Appalachian Suite (P. Murtha)

Banda

Director: David Nogueira

Juventus (R. Amstad)

Highlights from Harry Potter (J. Williams)Believer (Arr. V. López)

O concerto está previsto para as doce da mañá do vindeiro sábado catorce de maio, no patio do antigo centro educativo Ramón Cabanillas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba