Onte foi un día moi intenso para a Escola Municipal de Música. Pola mañá recibimos aos últimos coles para dar peche ao ciclo de sesións didácticas deste curso, e pola tarde o alumnado de arpa desprazouse á Aula Hospitalaria do CHUS para dar un concerto e ensinar o seu instrumento aos nenos e nenas asistentes.
A Escola Municipal de Música organiza novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe houbo unha nova sesión didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da EMM,para asistir […]
Novas sesións didácticas dentro do XII ciclo «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música»
Hoxe arranca un novo ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música no marco do programa «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM». Neste ciclo de concertos que se desenvolverá en catro sesións, participarán máis de 340 escolares de Santiago. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitou esta mañá o auditorio da […]
Concerto polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz
A Escola Municipal de Música de Santiago realizará o vindeiro luns 30 de xaneiro, tal e como ven facendo nos últimos anos, un concerto enmarcado dentro da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. É unha constante, dentro das actividades extracurriculares da Escola, atender todas aquelas iniciativas que teñan como fin o […]
Calendario Escolar Curso 2022-23
Comezo do presente curso 2022/23 a partir do xoves día 8 de setembro
Comeza o novo curso 2022/23 na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Como todos os anos a escola respetará o calendario escolar de infantil e primaria, dando comezo as clases a partir do xoves 8 de setembro de 2022. Esperámosvos na finca Vistalegre.
Programación de verán da Escola Municipal de Música Xullo 2022
A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela iniciou por primeira vez unha programación específica para o verán con actividades dirixidas a todas as idades. Esta primeira edición tivo unha boa acollida e contou cun elevado número de inscricións. a) Laboratorio sonoro de verán O pasado 4 […]
Exposición pública da listaxe definitiva de persoas admitidasna EMM para o curso 2022/23
Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2022/23 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 14 de febreiro de […]
Exposición pública listas provisionais de admitidos na EMM para o curso 2022/23 (1)
De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 14 de febreiro de 2022 exponse publicamente a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2022/23. Unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 13 de maio e o 10 […]
CAMBIO DE LUGAR E HORA DO SORTEO PÚBLICO DAS ESPECIALIDADES DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA QUE DEBEN IR A SORTEO POR SUPERAR A DEMANDA ÁS PRAZAS OFERTADAS:
Unha vez asignadas as prazas correspondentes ao criterio de ter irmáns no centro e estar empadroados ou que cursen estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios no Concello de Santiago no Concello de Santiago, as prazas dispoñibles para participar no sorteo público que se vai realizar neste acto público […]