Exposición pública listas provisionais de admitidos na EMM para o curso 2023/24

De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 13 de febreiro de 2023 exponse publicamente a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2023/24.

Unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 5 e o 25 de maio e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón Municipal, celébrase o mércores 7 de xuño, ás 10:00 horas., en dependencias do Concello de Santiago, o sorteo das seguintes especialidades:

Preparatorio a Música e Movemento (4º infantil – 3 anos)

Música e Movemento I (5º infantil – 4 anos)

Música e Movemento II (6º infantil – 5 anos)

Iniciación Musical II (2º primaria – 7 anos)

Violín (PEX)

Guitarra (PEX)

Guitarra (PEPA)

Violoncello (PEPA)

Saxofón (PEX)

Como resultado de dito sorteo e das demais solicitudes recibidas, elaborouse a seguinte lista provisional de admitidos/as:

A OBTENCIÓN DE PRAZA NON GARANTE QUE OS HORARIOS QUE SE OFRECEN SEXAN COMPATIBLES COAS NECESIDADES DOS SOLICITANTES

Periodo de reclamacións: 10 días naturais dende a publicación da lista provisional de admitidos.

Prazos de formalización de matrícula: do 22 ao 29 de xuño de 2023 na secretaría da Escola Municipal de Música: Rúa Salvadas, s/n. Finca Vista Alegre

Entradas creadas 31

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba