PRAZOS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. CURSO 2023-2024

PRAZOS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. CURSO 2023-2024
(Prazos aprobados na Xunta de Goberno Local do 13 de febreiro de 2023)

4 DE MAIO – PUBLICACIÓN PRAZAS VACANTES

5 DE MAIO – INICIO PRAZO PREINSCRICIÓN 25 DE MAIO – REMATE PRAZO PREINSCRICIÓN

Período de preinscrición de praza (do 5 ao 25 de maio de 2023):
As persoas interesadas en matricularse deberán presentar a solicitude ben na sede electrónica do concello de Santiago, de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

As solicitudes poderán presentarse:

  • Telematicamente: a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela
    (https://sede.santiagodecompostela.gal/) onde deberán escoller o trámite “Inscrición na Escola Municipal de Música”.
  • Presencialmente: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
    No caso de presentar a solicitude de preinscrición a través doutros rexistros ou por correo, deben informar e achegar copia ao enderezo electrónico: info@emmsantiagodecompostela.com
    IMPORTANTE: Se no presente curso 22/23 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 23/24

Outras cuestións de interese:

  • A persoa solicitante debe estar empadroado/a ou cursar estudos oficiais no municipio de Santiago de Compostela
  • Para solicitar máis información poden chamar ao 636 979 527 ou escribir a info@emmsantiagodecompostela.com

Período matrícula para as persoas admitidas: do 22 ao 29 de xuño de 2023, na propia EMM

Entradas creadas 28

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba