De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local nas sesións celebradas o 24 de febreiro de 2020 e o 11 de maio de 2020, exponse públicamente a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2020/21.
Unha vez finalizado o periodo de preinscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 18 de maio e o 5 de xuño e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón Municipal, celébrase o martes 16 de xuño, ás 10 h., en dependencias do Concello de Santiago, o sorteo das seguintes especialidades:
Música e Movemento I ( 5º infantil – 4 anos)
Música e Movemento II ( 6º infantil – 5 anos)
Iniciación Musical II ( 2º primaria – 7 anos)
Clarinete (PEPA)
Violín (PEPA)
A OBTENCIÓN DE PRAZA NON GARANTE QUE OS HORARIOS QUE SE OFRECEN SEXAN COMPATIBLES COAS NECESIDADES DOS SOLICITANTES
Periodo de reclamacións: 10 días naturais dende a publicación da lista provisional de admitidos. Prazos de formalización de matrícula: do 29 de xuño ao 6 de xullo de 2020
Santiago de Compostela a 17 de xuño de 2020