Exposición pública da listaxe definitiva de persoas admitidas na EMM para o curso 2021 – 2022

Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de admitidos na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2020/21 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, nas sesións celebradas o 24 de febreiro de 2020 e o 11 de maio de 2020.

Período de matrícula (do 29 de xuño ao 6 de xullo)

A matrícula formalizarase remitindo a documentación requirida ao enderezo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal. De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

Documentación que deben achegar xunto coa solicitude de matrícula:

· Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.

· Anexos 1 e 2 e autorización de saída do centro no caso dos menores de idade. (dispoñibles na web da EMM e na web municipal).

· Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.

· Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

· Xustificante bancario de ter satisfeito as taxas de matrícula na conta bancaria habilitada a tal efecto (se non se está exento do pago).

IBAN BANCARIO: ABANCA ES77 2080 5027 25 3040013618

TITULAR DA CONTA: Trobeiro, S.L. (empresa que xestiona actualmente a EMM)

Importe: 59,50€

Concepto: Matrícula + indicar nome e apelidos do alumno/a

Unha vez formalizada a matrícula, a EMM contactará con cada solicitante para a elección de horarios, seguindo a orde de entrada de cada matrícula.

Prezo público

De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:

Matrícula: 59,50 EUR

Cotas mensuais:

· Escola Infantil de Música: 35,65 EUR

· Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR

· Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR

· Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba