Laboratorio sonoro de verán

A Escola Municipal de Música xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago  de Compostela presenta a seguinte programación para o mes de xullo:

Laboratorio sonoro de verán

Actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e dirixida á rapazada de 3 a 12 anos.

A través de diferentes actividades, e baixo un ambiente lúdico, traballaranse os distintos aspectos artísticos da creación musical e posta en escena dunha representación. O obxectivo final da actividade, será a creación dunha representación musical, que se estreará o último día de cada quenda, ao que as persoas participantes porán música a través de instrumentos musicais, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo e caracterización para a actuación final adaptado á temática da mesma.  

O Laboratorio sonoro artellarase ao redor de actividades artísticas, musicais e creativas en torno unha temática xeral:

·        Espazo de atrezzo e caracterización. Desenvolvemento artístico de elementos decorativos, mediante a aplicación de diferentes técnicas artísticas.

·        Espazo musical. Construción dunha interpretación musical, ben a través do corpo, ben a través de instrumental ou ben doutros elementos alternativos.

·        Espazo lúdico-creativo. Un tempo para o xogo, para experimentar coa música, crear instrumentos ou descubrir a infinidade de sons que podemos emitir co noso corpo.

Participantes: Nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago que cursen estudos entre o 2º Ciclo de Educación Infantil a 3º Ciclo de Educación Primaria con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Darase preferencia ao alumnado da EMM matriculado neste curso 2023-2024.

Nº de prazas: 45 para cada quenda (necesitarase cubrir un mínimo de 30 prazas/quenda).

Lugar: Colexio Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela).

Datas:

·        1ª quenda do 1 ao 12 de xullo.

·        2ª quenda do 15 ao 31 de xullo. (agás 25 e 26 de xullo).

Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 co seguinte horario para a entrada e a saída:

·        Horario de conciliación:

o   Entrada de 09:00 a 10:00

o   Saída de 14:00 a 15:00

Prezo:

As actividades propostas terán carácter gratuíto para as persoas participantes

2.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA

·        Inscrición entre os días 7 e 12 de xuño de 2024 (ambos os dous inclusive). As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ao enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com

·        Publicarase a lista de admitidos e, no seu caso, excluídos e listas de agarda, na web da EMM www.emmsantiagodecompostela.com

·        Terán prioridade no acceso o alumnado actual da EMM.

·        No caso de existir máis demanda que prazas ofertadas nalgunha quenda realizarase un sorteo público nas instalacións da EMM, que cumplirá os seguintes criterios:

a.- Adxudícaselle un número a cada un dos solicitantes preinscritos que figuran no sorteo (seguindo orde alfabético).

b.- Diante dos presentes realízase o sorteo aplicando a formula ALEATORIO.ENTRE(Ax,Ay) no documento excel onde figura cada inscrito/a cun número asignado.

c.- Procédese a extraer un número que determina tanto a asignación de prazas como a orde na listaxe de agarda resultante.

O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web da EMM.

·        Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago, ou estar matriculados nun  centro educativo do municipio de Santiago

·        Terá prioridade na admisión o alumnado actual da Escola Municipal de Música, polo cal, irán ocupando as prazas vacantes seguindo a orde de recepción das solicitudes, ata cubrir o total de prazas. Poden darse 3 situacións:

a)   se o alumnado da EMM que presenta a solicitude supera o total de prazas, o sorteo realizarase entre eles e os demais solicitantes quedarán inscritos nunha listaxe de agarda seguindo a orde de recepción das solicitudes.

b)  De cubrirse todas as prazas co alumnado actual da EMM, os demais solicitantes quedarán inscritos nunha listaxe de agarda seguindo a orde de recepción das solicitudes.

c)   Se quedan prazas vacantes despois de inscribirse o alumnado actual da EMM, realizarase o sorteo das mesmas entre os demais solicitantes; o resultado do propio sorteo indicará as prazas adxudicadas e a orde na listaxe de agarda.

3.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

–      Solicitude de inscrición cuberta e asinada.

–      Fotocopia do documento que acredite a identidade do pai, nai ou representante legal.

–      Fotocopia da tarxeta sanitaria ou da compañía aseguradora, do neno/a.

Entradas creadas 38

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba