Case 100 alumnas e alumnos participaron esta semana na actividade «Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música», dirixido aos centros de educación infantil e primaria

sta iniciativa enmárcase no XI ciclo de sesións didácticas organizadas polo Concello de Santiago e a Escola Municipal de Música de Santiago co obxectivo de dar a coñecer os instrumentos musicais entre os máis cativos. Na última sesión, que tivo lugar onte na EMM, participaron 98 alumnas e alumnos de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I e do CEIP Apóstolo Santiago.O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música (EMM), puxo en marcha por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de centros educativos do Concello.

Tras unha primeira sesión o pasado 15 de marzo, case 100 alumnos do primeiro ciclo de primaria do CEIP de Vite I e do CEIP Apóstolo Santiago participaron este martes nesta proposta educativa que leva por título «Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM» e que se están a desenvolver no Auditorio da Escola Municipal de Música. En total, nas dúas sesións, contouse coa participación de máis de 200 cativos e cativas.

A sesión desenvólvese a través dun conto musicado que leva por título «A Viaxe de Lurra» e que permite achegar ao alumnado participante unha gran variedade de instrumentos musicais da Escola Municipal de Música de Santiago. A sesión tivo unha duración de 50 minutos.

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba