Publicación da relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e apertura de prazo de preinscrición do novo alumnado para o curso 2023/2024

Finalizado o prazo de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2023-2024, publícanse as prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.
Prazos: do 5 ao 25 de maio poderá presentarse a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado, de acordo coas prazas vacantes dispoñibles para o curso 2023-2024, que se publican neste anuncio.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de preinscrición ben por medios electrónicos ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

  • Telematicamente: a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela
    (https://sede.santiagodecompostela.gal/) onde deberán escoller o trámite “Inscrición na Escola Municipal de Música”.
  • Presencialmente: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude da sede do concello, da web da Escola Municipal de Música ou solicitándoa por correo electrónico á EMM: info@emmsantiagodecompostela.com.

IMPORTANTE: se no presente curso 22/23 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 23/24.

É requisito imprescindible que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Santiago ou que curse estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios en Santiago de Compostela.

Entradas creadas 37

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba