Estimadas familias e alumnado:
A Escola Municipal de Música xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela presenta a seguinte programación para o mes de xullo:
a) Obradoiro de produción musical.
A actividade pretende dar a coñecer as ferramentas e recursos necesarios para iniciarse na produción musical actual.
O obradoiro será impartido por Adrián Saavedra, compositor e produtor musical, Premio Martín Códax da Música 2019, que traballou con artistas como Nastasia Zürcher, Pablo Lesuit, A Banda da Loba, Marcelo Dobode, ou Abraham Cupeiro.
Nº de prazas: 15 para cada grupo (necesitarase cubrir un mínimo de 8 prazas/grupo).
Lugar: Centro Xove da Almáciga. (Santiago de Compostela).
Datas: do 11 ao 15 de xullo.
Horario:
- GRUPO I: 13 a 17 anos. Luns a venres de 11:30 – 13:30.
- GRUPO II: De 18 anos en adiante. Luns a venres de 09:30 – 11:30.
b) Laboratorio sonoro de verán.
Actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica de Santiago de Compostela e dirixida á rapazada de 3 a 12 anos, empadroada no Concello de Santiago ou que cursen estudos no municipio. Darase preferencia ao alumnado da EMM matriculado neste curso 2021-2022.
A través de diferentes actividades, e baixo un ambiente lúdico, traballaranse os distintos aspectos artísticos da creación musical e posta en escena dunha representación. O obxectivo final da actividade, será a creación dunha representación musical, que se estreará o último día de cada quenda.
Nº de prazas: 45 para cada quenda (necesitarase cubrir un mínimo de 30 prazas/quenda).
Lugar: Colexio Apóstolo Santiago – Centro Xove da Almáciga.(Santiago de Compostela).
Datas:
- 1ª quenda do 4 ao 15 de xullo.
- 2ª quenda do 18 ao 29 de xullo. (Agás festivos).
Horario: De luns a venres de 10 horas a 14 horas co seguinte horario de entrada e saída:
- Horario de conciliación:
- Entrada de 9 horas a 10 horas
- Saída de 14h a 15h
Ambos obradoiros terán carácter gratuíto para as persoas participantes.
A inscrición para estas actividades realizarase entre os días 14 e 20 de xuño de 2022 (ambos os dous inclusive) remitindo a solicitude (que poden descargar da web municipal www.santiagodecompostela.gal ou da web da EMM www.emmsantiagodecompostela.com) ao enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com
No caso de existir máis demanda que prazas ofertadas nalgunha quenda realizarase un sorteo público nas instalacións da EMM.
Para máis información, non dubiden en contactar con nós. Un saúdo