De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 14 de febreiro de 2022 exponse publicamente a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2022/23.
Unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 13 de maio e o 10 de xuño e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón Municipal, celébrase o luns 20 de xuño, ás 12 h., no Edificio Cersia, o sorteo das seguintes especialidades:
Preparatorio a Música e Movemento (4º infantil – 3 anos)
Música e Movemento I (5º infantil – 4 anos)
Iniciación Musical I (1º primaria – 6 anos)
Piano (PEX)
Guitarra (PEX)
Violín (PEX)
Saxofón (PEPA)
Como resultado de dito sorteo e das demais solicitudes recibidas, elaborouse a seguinte lista provisional de admitidos/as que podedes ver no documento anexo.
- (1) A OBTENCIÓN DE PRAZA NON GARANTE QUE OS HORARIOS QUE SE OFRECEN SEXAN COMPATIBLES COAS NECESIDADES DOS SOLICITANTES
Periodo de reclamacións: 10 días naturais dende a publicación da lista provisional de admitidos.
Prazos de formalización de matrícula: do 4 ao 15 de xullo de 2022 na secretaría da Escola Municipal de Música: Rúa Salvadas, s/n. Finca Vista Alegre, en horario de 10h a 14h.