Exposición pública da listaxe definitiva de persoas admitidasna EMM para o curso 2022/23

Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2022/23 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 14 de febreiro de 2022.

Período de matrícula: do 4 ao 15 de xullo na Secretaría da EMM en horario de 10h a 14h

De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

Documentación que deben achegar para a formalización da matrícula:

  • Solicitude de matrícula.
  • Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.
  • Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Xustificante bancario de ter satisfeito as taxas de matrícula na conta bancaria (se non se está exento do pago).

IBAN: ES57 2080 0712 9230 4009 4719

Titular: ESPROADE, S.L. (empresa adxudicataria da EMM)

Prezo público

De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:

Matrícula: 59,50 EUR

Cotas mensuais:

  • Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
  • Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
  • Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
  • Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR

Formularios para a solicitude de matrícula:

Nenos e nenas de 3 a 7 anos:

Nenos e nenas de 8 a 16 anos:

Persoas de máis de 16 anos todas as materias:

Persoas de máis de 16 anos para coro e/ou linguaxe musical:

Entradas creadas 31

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba