De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 9 de febreiro de 2026 exponse publicamente a listaxe provisional de persoas admitidas na Escola Municipal de Música para o curso 2026/27.
Unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 30 de abril e o 29 de maio e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón Municipal, celébrase o mércores 10 de xuño, ás 9 horas, en dependencias do Concello de Santiago, o sorteo das seguintes especialidades:
Música e Movemento I (5º infantil – 4 anos)
Iniciación Musical II (2º primaria – 7 anos)
Percusión (PEPA) Violoncello (PEPA)
Guitarra eléctrica (PEPA)
Frauta traveseira (PEX)
Frauta traveseira (PEPA)
Saxofón (PEX)
Como resultado de dito sorteo e das demais solicitudes recibidas, elaborouse a seguinte lista provisional de admitidos/as: (descarga o documento)
