Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2022/23 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 14 de febreiro de 2022.
Período de matrícula: do 4 ao 15 de xullo na Secretaría da EMM en horario de 10h a 14h
De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.
Documentación que deben achegar para a formalización da matrícula:
- Solicitude de matrícula.
- Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.
- Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Xustificante bancario de ter satisfeito as taxas de matrícula na conta bancaria (se non se está exento do pago).
IBAN: ES57 2080 0712 9230 4009 4719
Titular: ESPROADE, S.L. (empresa adxudicataria da EMM)
Prezo público
De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:
Matrícula: 59,50 EUR
Cotas mensuais:
- Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
- Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
- Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
- Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR
Formularios para a solicitude de matrícula:
Nenos e nenas de 3 a 7 anos:
Nenos e nenas de 8 a 16 anos:
Persoas de máis de 16 anos todas as materias:
Persoas de máis de 16 anos para coro e/ou linguaxe musical: