Concerto polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz

A Escola Municipal de Música de Santiago realizará o vindeiro luns 30 de xaneiro, tal e como ven facendo nos últimos anos, un concerto enmarcado dentro da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

É unha constante, dentro das actividades extracurriculares da Escola, atender todas aquelas iniciativas que teñan como fin o achegamento ao alumnado de todos aqueles valores indispensables na súa formación, sexan de índole educativa, xénero, ética ou medioambiental, e que complementen, ou mesmo enriquezan, a aportación das familias e os centros educativos.

O concerto, no que participarán dous pianistas de forma individual, a Agrupación de Música Tradicional e o Coro de adultos PEPA terá lugar na sede da Escola Municipal de Música o vindeiro luns, 30 de xaneiro ás 19h, e estará aberto a todo o mundo que desexe asistir ata completar aforo.

Entradas creadas 28

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba