Exposición pública da listaxe definitiva de persoas admitidas na EMMpara o curso 2024/25(1)

Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva
de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2024/25 e o
proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local,
na sesión celebrada o 24 de xaneiro de 2024.
Período de matrícula: do 18 ao 27 de xuño na Secretaría da EMM en horario de 11h a 14h e de
16h a 20:30h ou no enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com
De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda
constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude,
arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.
Documentación que deben achegar para a formalización da matrícula:

  • Solicitude de matrícula.
  • Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria
    para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.
  • Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
    Prezo público
    De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de
    Música – Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012.
    Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:
    Matrícula:59,50EUR
    Cotas mensuais:
  • Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
  • Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
  • Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
  • Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR

Exposición pública lista definitiva de persoas admitidas na EMM para o curso 2024/25 (1)

Escola Infantil de Música (de 3 a 7 anos)

Plan Educativo Xeral (PEX)

Plan Educativo para Adultos (PEPA)

Escola Aberta (PEPA)

(1) A OBTENCIÓN DE PRAZA NON GARANTE QUE OS HORARIOS QUE SE OFRECEN SEXAN
COMPATIBLES COAS NECESIDADES DOS SOLICITANTES

Santiago de Compostela a 17 de xuño de 2024

Formularios para a formalización de praza:

Entradas creadas 40

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba