DE QUE SE TRATA?
Trátase dun curso teórico-práctico.
OBXECTIVOS
O obxectivo principal é dotar os e as participantes duns coñecementos básicos acerca dos procesos de construción e funcionamento do clarinete ou, por tanto, de calquera instrumento de vento madeira. Isto ten como fin:
- Comprender a natureza da madeira e o seu comportamento nos instrumentos de vento.
- Comprender os aspectos máis salientables do mecanismo do instrumento.
- Adquirir os coñecementos e habilidades básicas para o mantemento da madeira e poder prever fendas e outros problemas.
- Adquirir os coñecementos e habilidades básicas para solucionar en por nós os problemas técnicos máis habituais, derivados do uso diario.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
O curso está aberto ou orientado a:
- Alumnado e estudantado de instrumentos de vento madeira (clarinete, saxo, óboe…) e de instrumentos tradicionais galegos (gaita, requinta).
- Profesionais e profesorado de instrumentos de vento madeira (clarinete, saxo, óboe…) e de instrumentos tradicionais galegos (gaita, requinta).
- En xeral, calquera persoa interesada na construción ou funcionamento dos instrumentos de vento madeira.
PABLO PASCUAL
Naceu na Cañiza, Pontevedra, en 1976. Como clarinetista formouse con Miguel Romea, Miguel Espejo e Felipe González, e coma clarinetista baixo con Gustavo Duarte, Henri Bok, Harry Sparnaay e Carlos Gálvez. Tamén estudou a gaita escocesa con Jean-Pierre Rogel, René Louédec e Patrick Molard. Gravou en moreas de producións discográficas xunto a Marful, Abe Rábade, Laio, David Herrington, Jesús Santandreu, Tony McManus, Jacky Molard, Germán Díaz, Joana Machado ou Fred Martins. Xunto ao seu irmán Pedro, compuxeron e produciron numerosos discos e bandas sonoras. Como técnico reparador formouse con Emilio Carluzzi, en Módena, Daniel Bangham, en Cambridge, e con Laurent Duchaussay, Laurent Duda e Thierry Morel,na fábrica Buffet Crampon de Mantes-la-Ville. É profesor de clarinete e gaita na EMMSC.
CONTIDOS
ASPECTOS TEÓRICOS
- Fundamentos da construción do clarinete.
- As madeiras. Dende o buxo do clasicismo ata a familia das Dalbergias. Secados e preparación para os diferentes procesos de mecanizado. Movemento en servizo.
- Os materiais sintéticos: ABS, Delrin. Os clarinetes de metal. O Green Line, composite desenvolvido por Buffet Crampon.
1.2. O mecanismo: dende o latón do s.XVlll ata o maillechort.
- Fundamentos da mecánica do clarinete.
- O fresado dos oídos. Fresados cónicos internos e a afinación.
- As «zapatillas». Materiais e relación co son.
- A cortiza. Natural fronte a sintética. O rubco.
- O feltro e os novos feltros sintéticos: o ultrasuede, o teftón, o neopreno.
- Os resortes.
- Axuste.
- Desmontar e montar o clarinete
- Parafusería. Tipos de parafusos e usos.
- O desgaste das chaves. Folguras axiais e lonxitudinais. Folguras dentro dos piares.
- Como afectan as cortizas e feltros ao correcto funcionamento do clarinete.
- Ruídos e vibracións habituais. Causas e solucións.
- Tensión dos resortes.
- Instalación e axuste das zapatillas.
- A cortiza das xuntas.
- Procesos máis complexos.
- Selado de fendas: os cianocrilatos, o método do ftush banding, os pines e o moderno método dos aneis de fibra de carbono.
- Desbastado e axuste das xuntas nos clarinetes novos.
- Reposto dun resorte de agulla.
- Reconstruír ou repoñer xuntas partidas, oídos partidos ou deteriorados.
- O pulido do taladro interno.
ASPECTOS PRÁCTICOS
- Desmontaxe e montaxe do clarinete.
- Principios básicos da limpeza e mantemento da madeira e do mecanismo.
- Aceitado dos resortes e da parafusería.
- Repoñer cortizas ou feltros deteriorados.
- Repoñer zapatillas deterioradas.
- Principios básicos do axuste.
DATA DE REALIZACIÓN DO CURSO E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A actividade está prevista para o sábado 23 de abril en horario de 10.30 h a 14.30 h nas instalacións da Escola Municipal de Música de Santiago.
As persoas interesadas poderán inscribirse dende 5 ao 18 de abril enviando a solicitude de inscrición ao enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com
Prezo: De balde.
NÚMERO DE PRAZAS:
Mínimo de 6 e máximo de 20 participantes. No caso de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas darase prioridade ao alumnado que estea matriculado na EMM durante este curso 2021-2022.