NORMATIVA DO USO DOS ESPAZOS DA ESCOLA

Aproveitando o comezo do curso, lembrámosvos a información referente á normativa do uso dos espazos do edificio da Escola Municipal de Música. O motivo da mesma é facilitar o uso por parte das dúas institucións que comparten as instalacións, respectando os acordos alcanzados no momento do traslado ao edificio.

  • As entradas e saídas do alumnado de Música e Movemento deberán facerse exclusivamente pola porta lateral da primeira planta.
  • O resto do alumnado poderá acceder ao edificio pola porta principal da planta baixa.
  • A zona de espera para as familias será o vestíbulo da planta baixa. Nela teñen á súa disposición os sofás e as mesas con cadeiras na aula de estudo para traballar con máis tranquilidade. Pregamos que, dadas as características arquitectónicas do edificio (espazos abertos ata a última planta) manteñamos entre todos o clima necesario para non entorpecer a actividade docente que se leva a cabo na Escola.
  • Na primeira planta, diante das aulas de Música e Movemento (2, 3 e 4) contades tamén cuns bancos e, ao lado do ascensor tendes á vosa disposición estanterías con revistas e libros.
  • Para facilitar o tránsito do alumnado entre os cambios de clases pregamos non ocupen as zonas de paso das escaleiras.
  • As zonas comúns da terceira planta están reservadas unicamente para o alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, non sendo impedimento para acompañar aos alumnos e alumnas de menor idade á entrada e saída das súas clases, pero agardando durante o tempo de clase na planta baixa. Pregamos se respecte este feito a prol de garantir os acordos de uso alcanzados entre as dúas institucións que comparten o uso do edificio.
Entradas creadas 31

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba