Homenaxe do noso alumnado a Rosalía de Castro

Unhas 80 persoas, entre alumnado e profesorado, participaron esta tarde na homenaxe a Rosalía de Castro que tivo lugar ante o monumento que a recorda, na Alameda de Compostela. Os alumnos e alumnas de gaita e percusión da escola, xunto co Coro Xuvenil, e os alumnos e alumnas de Música e Movemento, interpretaron, ante o conxunto escultórico, a «Alborada».A «Alborada» é un poema de Rosalía cun metro marcadamente influído pola música. Como a propia autora subliñaba: «a máis grande dificultade que achéi pra escribir esta alborada, foi o meu deseio de que saíse nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pro foi a custa da poesía; non podía ser de outro modo, cando se dá cun aire tan estraño e tan difícile de acomodarlle letra algunha.» Esta peza foi popularizada no eido das músicas tradicionais polos Gaiteiros de Soutelo, a versión mais extendida hoxe en día, e a que se vai utilizou como punto de partida.

Con este acto, e aproveitando a mellora na situación sanitaria provocada pola Covid 19, a Escola Municipal de Música de Santiago quixo facer unha homenaxe á escritora mais relevante e universal da literatura galega. A relación de Rosalía coa nosa cidade é moi especial e singular, non somentes por ser o seu lugar de nacemento, senón porque foi onde recibiu a súa formación musical. Recentes estudos amosan tamén como moitas das estruturas da súa lírica están intrínsecamente vencelladas aos ritmos das músicas tradicionais de Galicia polo que, desde a Escola Municipal de Música, entenden que pode ser un elemento interesante a traballar co alumnado.

Ademais, con esta homenaxe, enmarcada nos actos do «Día de Rosalía», a Escola Municipal de Música de Santiago, sempre comprometida coa cultura da cidade, pretende dar a coñecer e pór en valor este singular espazo que para moitos composteláns pasa inadvertido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba