Publicación da relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música e apertura de prazo de preinscrición do novo alumnado para o curso 2022/2023

Finalizado o prazo de renovación de praza do alumnado actual da Escola Municipal de Música para o curso 2022-2023, publícanse as prazas vacantes e a apertura dos prazos de preinscrición para o novo alumnado.
Prazos: do 13 de maio ao 10 de xuño poderá presentarse a solicitude de preinscrición na Escola Municipal de Música do novo alumnado, de acordo coas prazas vacantes dispoñibles para o curso 2022-2023, que se publican neste anuncio.


As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de preinscrición ben por medios electrónicos ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras), ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.


• De forma telemática na sede electrónica do concello:
Se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago
(https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla o trámite “Inscrición na Escola Municipal de Música” dentro do catálogo de trámites dispoñible.
• No rexistro do Concello de Santiago:
realizarase sen cita previa e únicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas. Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:00 horas. Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.


As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude da sede do concello, da web da Escola Municipal de Música ou solicitándoa por correo electrónico á EMM: info@emmsantiagodecompostela.com.


IMPORTANTE: Se no presente curso 21/22 quedaron en situación de lista de agarda, deben volver presentar a solicitude para o curso 22/23


É requisito imprescindible que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Santiago ou que curse estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios en Santiago de Compostela.

Formularios para a preinscripción:

Nenos de 3 a 7 anos:

Nenos de 8 a 15 anos:

Persoas maiores de 16 anos

Persoas maiores de 16 anos que só queiran estudar Linguaxe Musical e Coro

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba