Exposición pública listas provisionais de admitidosna EMM para o curso 2025/26

De acordo co aprobado na Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 20 de xaneiro de 2025 exponse publicamente a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2025/26.

Unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 8 e o 28 de maio e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón Municipal, celébrase o luns 9 de xuño, ás 9:30 horas, en dependencias do Concello de Santiago, o sorteo das seguintes especialidades:

Música e Movemento I (5º infantil – 4 anos)

Iniciación Musical II (2º primaria – 7 anos)

Clarinete (PEX)

Frauta traveseira (PEX)

Percusión (PEX)

Saxofón (PEX)

Acordeón (PEPA)

Guitarra eléctrica (PEPA)

Percusión (PEPA)

Trombón (PEPA)

Trompeta (PEPA)

Violoncello (PEPA)

Como resultado de dito sorteo e das demais solicitudes recibidas, elaborouse a seguinte lista provisional de admitidos/as:

Exposición pública listas provisionais de admitidos na EMM para o curso 2025/26 (1)

Escola Infantil de Música (de 3 a 7 anos)

Plan Educativo Xeral (PEX)

Plan Educativo para Persoas Adultas (PEPA)

Escola Aberta (PEPA)

  • (1)A OBTENCIÓN DE PRAZA NON GARANTE QUE OS HORARIOS QUE SE OFRECEN SEXAN COMPATIBLES COAS NECESIDADES DOS SOLICITANTES

Periodo de reclamacións: 10 días naturais dende a publicación da lista provisional de admitidos.

Prazos de formalización de matrícula: do 23 ao 30 de xuño de 2025 na secretaría da Escola Municipal de Música: Rúa Salvadas, s/n. Finca Vista Alegre

Santiago de Compostela a 10 de xuño de 2025

Entradas creadas 56

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba