Laboratorio sonoro de verán

A Escola Municipal de Música xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela presenta a seguinte programación para o mes de xullo: Laboratorio sonoro de verán

Actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e dirixida á rapazada de 3 a 12 anos.

A través de diferentes actividades, e baixo un ambiente lúdico, traballaranse os distintos aspectos artísticos da creación musical e posta en escena dunha representación. O obxectivo final da actividade, será a creación dunha representación musical, que se estreará o último día de cada quenda, ao que as persoas participantes porán música a través de instrumentos musicais, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo e caracterización para a actuación final adaptado á temática da mesma.

O Laboratorio sonoro artellarase ao redor de actividades artísticas, musicais e creativas en torno unha temática xeral:

  • Espazo de atrezzo e caracterización. Desenvolvemento artístico de elementos decorativos, mediante a aplicación de diferentes técnicas artísticas.
  • Espazo musical. Construción dunha interpretación musical, ben a través do corpo, ben a través de instrumental ou ben doutros elementos alternativos.
    • Espazo lúdico-creativo. Un tempo para o xogo, para experimentar coa música, crear instrumentos ou descubrir a infinidade de sons que podemos emitir co noso corpo.

Participantes: Nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago que cursen estudos entre o 2º Ciclo de Educación Infantil a 3º Ciclo de Educación Primaria con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Darase preferencia ao alumnado da EMM matriculado neste curso 2022-2023.

Nº de prazas: 45 para cada quenda (necesitarase cubrir un mínimo de 30 prazas/quenda).

Lugar: Colexio Apóstolo Santiago – Centro Xove da Almáciga. (Santiago de Compostela).

Datas:

  • 1ª quenda do 3 ao 14 de xullo.
  • 2ª quenda do 17 ao 31 de xullo. (agás festivos).

Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 co seguinte horario para a entrada e a saída:

  • Horario de conciliación:
    • Entrada de 09:00 a 10:00
    • Saída de 14:00 a 15:00

Prezo:

As actividades propostas terán carácter gratuíto para as persoas participantes

2.- SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA

  • Inscrición entre os días 29 de maio e 9 de xuño de 2023 (ambos os dous inclusive). As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ao enderezo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com
  • Publicarase a lista de admitidos e, no seu caso, excluídos e listas de agarda, na páxina web do concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.gal e na web da EMM www.emmsantiagodecompostela.com
  • Terán prioridade no acceso o alumnado actual da EMM.
  • No caso de existir máis demanda que prazas ofertadas nalgunha quenda realizarase un sorteo público nas instalacións da EMM, que cumplirá os seguintes criterios:

a.- Adxudícaselle un número a cada un dos solicitantes preinscritos que figuran no sorteo (seguindo orde alfabético).

b.- Diante dos presentes realízase o sorteo aplicando a formula ALEATORIO.ENTRE(Ax,Ay) no documento excel onde figura cada inscrito/a cun número asignado.

c.- Procédese a extraer un número que determina tanto a asignación de prazas como a orde na listaxe de agarda resultante.

O sorteo, de producirse, será anunciado na páxina web do concello e na web da EMM.

  • Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago, ou estar matriculados nun centro educativo do municipio de Santiago
  • Terá prioridade na admisión o alumnado actual da Escola Municipal de Música, polo cal, irán ocupando as prazas vacantes seguindo a orde de recepción das solicitudes, ata cubrir o total de prazas. Poden darse 3 situacións:
  1. se o alumnado da EMM que presenta a solicitude supera o total de prazas, o sorteo realizarase entre eles e os demais solicitantes quedarán inscritos nunha listaxe de agarda seguindo a orde de recepción das solicitudes.
  • De cubrirse todas as prazas co alumnado actual da EMM, os demais solicitantes quedarán inscritos nunha listaxe de agarda seguindo a orde de recepción das solicitudes.
  • Se quedan prazas vacantes despois de inscribirse o alumnado actual da EMM, realizarase o sorteo das mesmas entre os demais solicitantes; o resultado do propio sorteo indicará as prazas adxudicadas e a orde na listaxe de agarda.

3.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude de inscrición cuberta e asinada.
    • Fotocopia do documento que acredite a identidade do pai, nai ou representante legal.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou da compañía aseguradora, do neno/a.
Entradas creadas 40

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba