O barrio de Santa Marta acolle o vindeiro sábado o concerto para a veciñanza

A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo ‘Concerto para a veciñanza’. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.Nesta edición o lugar escollido para o ‘Concerto para a veciñanza’ é un dos máis senlleiros da cidade: o barrio de Santa Marta. O concerto está previsto para as 12:00 horas do vindeiro sábado 22 de abril, na praza Pascual Veiga. En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas, o concerto realizarase na pista cuberta do centro sociocultural de Santa Marta.

A veciñanza de Santa Marta poderá gozar das actuacións das diferentes agrupacións da EMM: a Banda de Iniciación, a Orquestra e a Banda da Escola Municipal de Música. Estas agrupacións son un dos piares máis importantes nos que se sustenta o traballo da Escola, baseado na idea de que a música en conxunto é un dos mellores medios para aprender, medrar e madurar musical e cognitivamente.

Entradas creadas 28

Publicaciones relacionadas

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba