Conferencia e concerto destinado ao alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela a cargo de Guillermo Turina
Mércores 6 de outubro de 2021. Auditorio da EMM, 19 h.
O violonchelo consolidouse en España como un instrumento fundamental para o desenvolvemento da música e das formacións xurdidas no país ao longo do século XVIII. E non só o instrumento en si, tamén a súa nomenclatura foi fixada co termo actualmente recollido polo dicionario da Real Academia da Lingua Española.
Doutra banda, a importancia e a influencia italiana nos músicos da España do XVIII queda patente a través de todo o século, co que poderiamos considerar unha estirpe de violonchelistas que traballaron nas diferentes cortes desde principios de século: Francesco
Supriani en Barcelona, Giacomo Facco, Domenico Porreti, Luigi Boccherini e Francisco Brunetti en Madrid, cobren a totalidade dos cen anos, solapando as súas carreiras e describindo a evolución da música a través das súas obras. A actividade profesional destes cinco artistas marcou os pasos do desenvolvemento musical en España ao longo do século.
A chegada de autores italianos como Supriani ou Facco provocou o desembarco dun novo estilo moito máis evolucionado que fixo cambiar tamén a organoloxía das formacións instrumentais.
Unha viaxe ao pasado para coñecer as orixes do violonchelo en España.
Guillermo Turina, violonchelo
Nacido no ano 1986, o músico madrileño Guillermo Turina comezou os seus estudos de violonchelo á temperá idade de 3 anos. Diplomouse no conservatorio superior de Zaragoza e posteriormente obtivo a titulación de grao superior en interpretación histórica no conservatorio de Barcelona. En outubro de 2019 graduouse co título de doutor en musicoloxía coa cualificación cum laude coa súa tese doutoral El violonchelo en España en el siglo XVIII na Universidade Autónoma de Barcelona.
Como solista e como membro de grupos como La Tempestad, Al Ayre Español, Paper kite e Nereydas participou nalgúns dos festivais máis importantes no ámbito nacional e internacional. En xullo de 2019 proclamouse vencedor do VIII Concurso de Música Antiga de Xixón formando dúo xunto á clavecinista Eva del Campo.
No ano 2020 Guillermo Turina publicou co selo holandés Cobra Records o disco Les Fréres Duport. The Paris Sonatas, xunto ao audista Manuel Minguillón.
O VIOLONCHELO EN ESPAÑA NO SÉCULO XVIII
GUÍA MUSICAL DA CONFERENCIA
Guillermo Turina e Guillermo Alzugaray, violonchelos
Francesco Supriani (1678 – 1753)
Principij da imparare a suonare il violoncello. Biblioteca S. Pierto a Majella. Nápoles.
Toccata V con diminuzione
Giacomo Facco (1676 – 1753)
Sinfonia a violoncello solo. Manuscrito da Biblioteca Marziana. Venecia.
Adagio Assai, Presto
Juan de Acuña (¿ – 1772)
Quaderno de lecciones de violón. Arquivo da Colexiata de Roncesvalles.
Lecció XII
Luigi Boccherini (1743 – 1805)
Sonata per violoncello e basoo G569. Manuscrito Lennoxlove, Escocia.
Largo
Domenico Porreti (1709 – 1784)
Sonata a violoncello e Basso. British Library, Londres.
Andante
José de Zayas (1747 – 1804)
Escuela práctica de solfear. Biblioteca Nacional de España, Madrid.
Allegro
Pau Vidal (¿ – 1807)
Sonata III. Archivo de Santa María del Pi, Barcelona.
Allegro